Concello de Narón
Novas
V TROFEO CIDADE DE NARÓN DE CANTO DE PAXAROS SILVESTRES
Orzanizado pola Sociedade Silvestrista 'A Faisca' no entorno do Pazo da Cultura.
Narón, Sábado 7 de Abril de 2012.- A Sociedade Silvestrista “A Faisca” vai levar a cabo a celebración do V Trofeo Cidade de Narón de Canto de Paxaros Silvestres. Dito Trofeo terá lugar o domingo 8 de abril do 2012 nos Xardins do Pazo de Cultura de Narón. A inscripción levarase a cabo os días, 4 e 5 de abril no local da sociedade en horario de 19,00 horas a 20,30, e tamén no teléfono 639085249 para os participantes das Provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. Se recorda que todos os participantes teñen que estar Federados, e coa tarxeta federativa en vigor. Nesta modalidade compiten as variedades de Xilgaro, Pardillo; Verderón e o seus Hibridos. As competicións de canto de paxaros son probas dependientes da Federación Galega de Caza. E como é preceptivo esta modalidade estará enxuiciada por xueces de dita Federación. A competición dará comezo as 9,00 horas da mañá, e dependendo da inscripción a organización finalizará ó redor das 12,00 horas, procedéndose despois a entrega de trofeos e degustación dun aperitivo para todos os participantes.
www.naron.es