Concello de Narón
Novas
PRESENTACIÓN DO III ENCONTRO GALEGO DE ESGRIMA ANTIGA 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra o domingo 27 de marzo no Pavillón Polideportivo de A Gándara, con entrada libre e cursos de iniciación abertos ó público.
Narón, 23 de Marzo de 2011.- O Pavillón Polideportivo de A Gándara acollerá o vindeiro domingo 27 de marzo o III Encontro Galego de Esgrima Antiga ‘Cidade de Narón’, que reunirá ós mellores esgrimistas de tódalas Salas de Esgrima Antiga de Galicia e Asturias. O obxectivo deste encontro é poñer en común tódalas investigacións levadas a cabo en cada unha delas, mediante clases maxistrais, conferencias e un torneo no que se medirán as habilidades. Ademáis, todo aquel que se achegue ata o Pavillón de A Gándara poderá ver a estos Artistas Marciales e, se lle interesa, poderá asistir de xeito gratuito a algunha clase de iniciación para coñecer o manexo dalgunha destas armas. O calendario deste III Encontro Galego de Esgrima Antiga é o seguinte: 09:00 Presentación do evento 10:00 Clase de ropera con Ton Puey (AGEA-HEMAC) 11:30 Clase de mano e media con Daniel López (AGEA-FESA) 13:00 Asaltos libres e clases de iniciación para o público que queira participar 14:00 Xantar 16:00 Conferencia de Manuel Valle (SCEA-AGEA) 17:00 Torneo de espada ropera 18:00 Torneo de mano e media 19:00 Asaltos libres e clases de iniciación para o público que queira participar 20:00 Entrega de trofeos e clausura do evento Para máis información, pódese consultar a web www.ageaesgrima.com As Salas de Esgrima que participarán neste III Encontro Galego de Esgrima Antiga son as seguintes: AGEA (Asociación Galega de Esgrima Antiga), ANEA (Asociación Naronesa de Esgrima Antiga), SCEA (Sala Compostelana de Esgrima Antiga), AOUREA (Asociación Ourensana de Esgrima Antiga), SVEA (Sala Viguesa de Esgrima Antiga) e EAPA (Esgrima Antiga do Principado de Asturias). ¿Qué é a Esgrima Antiga? A Esgrima Antiga é, ante todo, un arte marcial, ou doutro xeito, un sistema de loita que consiste en prácticas e tradicións codificadas cuxo obxectivo é someter ou defenderse mediante a técnica. Na actualidade, as artes marciais se practican por diferentes razóns, que inclúen o deporte, a saúde, a protección persoal, o desenvolvemento persoal, a disciplina mental, a forxa do carácter, e a autoconfianza. Dentro do amplísimo abano de supoñen as artes marciais, a esgrima antiga ou esgrima histórica é un neoloxismo que se refire ó conxunto de artes marciais de orixe europeo, formas de loita con armas brancas practicadas na antigüedade que hoxe en día caeron en desuso, ou evolucionaron a formar modernas como o actual deporte olímpico da Esgrima. A Esgrima Antiga que se coñece hoxe en día consiste nunha reconstrucción histórica da práctica da esgrima, tal e como foi codificada nos tratados do Medievo, o Renacemento e o Século de Ouro. A medida que o uso de distintas armas brancas foi quedando obsoleto, o xeito de empregalas perdeuse tamén.
www.naron.es