Concello de Narón
Estatutos
Capítulo I Obxectivos, natureza e funcións
Capítulo II Órganos de Goberno e Administración...
Capítulo III Do persoal
Capítulo IV Dos recursos
Capítulo V Dos usuarios
Capítulo VI Normas complementarias
Capítulo VII Disolución e liquidación

DOS RECURSOS

ARTIGO 17.- O financiamento para o cumprimento dos fins do Padroado efectuarase a través dos seus medios económicos, que estarán formados por:

  • A achega que aprobe o Concello Pleno.
  • Toda clase de subvencións, achegas e doazóns económicas concedidas por organismos públicos ou entidades privadas.
  • Ingresos que poidan reporta-las actividades organizadas polo Padroado.
  • Doazóns ou legados que se outorguen a favor do Padroado.

ARTIGO 18.- Os ingresos e gastos do Padroado serán contabilizados polos servizos económicos do Concello, rendendo contas anualmente ao Concello Pleno o/a presidente/a. En caso de haber superávit contable esta cantidade pasará ao presuposto do ano seguinte posterior. Non obstante, a Intervención de Fondos Municipal levará a cabo a fiscalización que establece a normativa legal vixente.

www.naron.es