DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN
ARTIGO 27.- O Padroado poderá ser disolto por petición dos dous terzos dos membros con dereito a voto da Asemblea Xeral e mediante acordo do Concello Pleno por maioría dos dous terzos. En caso de disolución, tódolos bens adscritos ó Padroado pasarán, con plena dispoñibilidade, ó Concello. Non obstante, as instalacións pertencentes a outras entidades seguirán sendo propiedade dos seus respectivos titulares.