Concello de Narón
Estatutos
Capítulo I Obxectivos, natureza e funcións
Capítulo II Órganos de Goberno e Administración...
Capítulo III Do persoal
Capítulo IV Dos recursos
Capítulo V Dos usuarios
Capítulo VI Normas complementarias
Capítulo VII Disolución e liquidación

NORMAS COMPLEMENTARIAS

ARTICULO 24.- Nas instalacións establecerase un servizo sanitario de urxencias para a atención de primeiros auxilios. Nin o Padroado nin os membros dos seus órganos de goberno serán nunca responsables dos posibles accidentes que se produzan no uso das instalacións deportivas, así como tampouco das consecuencias económicas que se deriven destes. Para estar cubertos de tales riscos os usuarios deberán estar inscritos nalgún seguro federativo ou compañía de seguros.

ARTIGO 25.- A utilización das instalacións deportivas para calquera tipo de competición de carácter superior ó local será sometida a Asemblea Xeral mediante a solicitude dos organizadores, e serán estes, en caso de ser concedida, responsables tanto das instalacións como das normas de orde pública.

ARTICULO 26.- A interpretación dos estatutos, así como o establecemento e interpretación dos regulamentos de réxime interior, corresponderán á Asemblea Xeral.

www.naron.es